O Museo da Limia, sede permanente da artesanía feita na comarca

Presentación da asociación de artesáns da Limia LIMIAR
O Museo da Limia, sede permanente da artesanía feita na comarca

Hoxe foi presentada a asociación LIMIAR con sede tamén no museo

Nun acto sinxelo, pero emotivo, na mañá do sábado, deuse a coñecer a constitución da asociación de artesáns LIMIAR e comunicouse a vez que no Museo da Limia en Vilar de Santos, haberá unha exposición permanente, tanto para vela, como para adquisición de pezas dos distintos artesáns, que xa forman parte da asociación, como dos que se vaian adherindo.

Algúns dos presentes que acompañaron aos artesáns na presentación

CESTERÍA,INSTRUMENTOS MUSICAIS....

Dez son os artesáns que xa manteñen pezas elaboradas na exposición. María Mercedes Veites (Costureira), é tamén a presidenta da asociación. María Pilar Penín e Eloy Davila realizan conxuntamente instrumentos musicais. Aurora Castro e Santiago Martínez que se dedican a fabricación de Pantallas do Entroido, e todos os tamaños, Rosa González a Xoiaría e Natalia García a Pratería. Por último María Doval e Miguel Carrera a Olaría e Sergio Moreno a Cestería.

SATISFACIÓN PLENA POR PARTE DO MUSEO

O Presidente do padroado Delfín Caseiro, deixou patente a ledicia e satisfacción de todos os membros do Padroado porque o Museo, sexa a vez sede da Asociación e manteña aberta unha exposición permanente da artesanía que se fai na Limia.

IMG_20211211_112700IMG_20211211_112653