lunes. 20.03.2023
TEATRO O SÁBADO A NOITE

“Na procura da canción perdida” terá a súa representación en Xinzo o domingo

Para os maiores tamén hai unha obra de teatro, o sábado, titulada “O que hai que ver”

IMG-20150430-WA0006

O vindeiro domingo dia 3 de maio, terá lugar a representación dunha obra teatral para nenos que comezará as 12 horas no auditorio da casa da cultura de Xinzo de Limia.

“Na procura da canción perdida” representa a historia dun neno que ten un grave problema porque perdeu unha das cousas mais importantes da súa vida: a súa canción para ir a durmir. Comeza así un viaxe louco e surrealista polo mundo enteiro, coa axuda duns aparatos. Os nenos do publico colaborarán e converteranse tamén en actores e actrices do espectáculo.

Por outro lado, para os máis maiores, a obra “O que hai que ver” estará no auditorio da casa da cultura o sábado dia 2 de maio.

IMG-20150430-WA0007

Comentarios