“Un libro, unha oportunidade” é a nova campaña solidaria levada a cabo por as Novas Xeracións de Xinzo de Limia, para recadar libros de texto e material escolar para os nenos dos países en vía de desenvolvemento.
Esta organización xuvenil destinará todo o recollido a ONG “Aldeas Infantiles”. O obxectivo de esta campaña e recadar os libros de texto perdidos, en moitos fogares, nalgún caixón que nadie recorda e que poden axudar a estes nenos na súa etapa de aprendizaxe escolar.
Dende o venres, na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, encontrarase situada unha caixa para todos aqueles que queiran colaborar coa campaña. Por si o desprazamento non valera de escusa, tamén poden pórse en contacto cos membros da organización mediante o seu correo electrónico ([email protected]) para que vaian a recoller tódalas axudas.