23 de abril de 2021, 12:34
Dende ProLimia repartirán 1.200 € en vales para trocar no comercio local, para conmemorar do día da Nai.
A campaña comezará o 26 de abril e rematará o 30 deste mesmo mes.
OPERATIVA
Os establecementos entregarán uns vales por cada compra que se faga nos mesmos. O cliente terá que cubrir cos seus datos o vale e depositalo nunha furna que terá cada establecemento.
O primeiro premio será de 500€. Os seguintes de 250,200,150 e 100 €.