Nova convocatoria aberta da comisión do Entroido
O próximo mércores 4 ás 20:00
Despois do “fracaso” da convocatoria pasada e para ver si se animan máis veciños e veciñas a participar na comisión encargada de levar a diante a organización do Entroido, a propia comisión conxuntamente coa concellería encargada que preside o concelleiro do PP Ricardo Sieiro, convocan outra asemblea aberta para conseguir máis persoas interesadas en participar.
Na anterior reunión estiveron presentes parte dos compoñentes da comisión, algún desculpou a súa presenza, sendo poucas as persoas que a compoñen.
Tampouco sería operativa unha comisión con 20 persoas, manifestou o concelleiro, pero sería case imprescindible que se duplicara o número de persoas da mesma.

Sentimos que non haxa máis implicación por parte do pobo
Unha vez rematada a reunión anterior (13.09) Adriana, presidenta da comisión, manifestou que sentía que anos tras ano non haxa máis implicación de persoas para participar na comisión. Continuou dicindo que dende o sofá e moi fácil criticar as decisións da comisión e o que fai, nos queremos que esas críticas e esas ideas se traian a comisión e se poidan desenrolar coa súa colaboración.