As Novas Xeracións de Xinzo xa comezaron coa recollida de libros e material escolar

CARTEL
As Novas Xeracións de Xinzo xa comezaron coa recollida de libros e material escolar

Todo o recadado estará destinado a Aldeas Infantiles co obxectivo de proporcionar unha educación aos nenos mais necesitados

As Novas Xeracións de Xinzo de Limia están levando a cabo a campaña de recollida de libros e material escolar, "Un libro, unha oportunidade", co obxectivo de que todo o recadado sexa para Aldeas Infantiles para poder destinar o recollido aos nenos en idade escolar dos países en vías de desenvolvemento.

Para recoller o material pódense por en contacto atreves do mail da organización, para que os membros da mesma poda achegarse a recoller as doazóns. Ademais, a organización dispuxo unha caixa na Casa da Cultura de Xinzo de Limia para recoller as doazóns. Tamén se poden depositar na sede local do partido, situada no Multicentro no primeiro andar.

O presidente de NNXX de Xinzo, José Antonio Parente, quere salientar a importancia desta campaña para que todos os nenos e nenas poidan recibir unha educación moi necesaria. Calquera tipo de doazón, por moi pequena que sexa non deixa de ser importante e necesaria.