Esmeralda está máis preto de acadar a súa meta e gañar o concurso de cante do Luar. Este venres sube ó escenario do coñecido programa da TVG para interpretar o tema "como unha onda". Unha canción coa que agarda conquistar ó xurado e o público no seu camiño á final de Recantos.
"Para esta nova fase prepárome con ilusión e con moito máis traballo xa que é un pase definitivo a semifinais. Síntome moi contenta e afortunada por chegar a este punto e ó mesmo tempo nerviosa por ver que todo salga ben que a xente goce conmigo", apunta Esmeralda para quen gañar o concurso sería un soño.
"Calquera dos 8 que quedamos somos candidatos a estar na final e o que diga que non se ve na final minte,eu por suposto quero e desexo gañar", matiza.
O venres enfróntase a Diego Alma que compite polas Terras do Eume. Do seu rival sinala que é un concursante que conecta co seu timbre de voz e coa súa presenza no escenario e que é capaz de levar calquera tema ó seu estilo.
Así as cousas a cantante de Rairiz de Veiga contará co apoio dos seus entre o público. "A miña xente vai conmigo a todas partes. Os que non poden vir, apóianme dende donde estén, aínda que chegados a este punto fáltame o pilar máis grande, meu pai, pero sei que estará seguíndome e dándome forzas alá donde estea".
Outro dos apoios que non lle falta é para o estilismo. Para cada gala conta cos consellos de vestiario da tenda Sugar e o asesoramento de peiteado e maquillaxe de Luxury Estilistas. "Se algo podo destacar delas é que nunca repetimos e sempre estamos innovando, iso é un orgullo e un privilexio".
Esmeralda tamén nota o calor da xente na rúa, "nunca imaxinei saír da casa e que a xente me parase para darme bicos e agasallos. Os meus seareiros da Limia están conmigo a morte o cal quero agradecer por tanto cariño e tanto apoio, gracias e corazón".