Nutrición e enfermidades crónicas van da man

4.Taller Nutricion
Nutrición e enfermidades crónicas van da man
Isto foi o que aprenderon, entre moitas outras cousas todo o que se achegou ao último obradoiro da Escola Rural...

Isto foi o que aprenderon, entre moitas outras cousas todo o que se achegou ao último obradoiro da Escola Rural de Saúde da Limia

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Como é posible a redución do risco de cancro por medio da dieta ou chegar aos 100 anos grazas a unha alimentación ortomolecular, foron algunhas das cousas que descubriron todos os que se quixeron achegar á Casa da Cultura de Xinzo de Limia o pasado xoves. Alí, durante preto de catro horas Pablo García, licenciado en farmacia e experto en nutrición, e Sonia Rodríguez, graduada en enfermería descubríronlles ao limiaos tódalas relacións existentes entre o que comemos e o desenvolvemento de enfermidades crónicas.

A Escola Rural de Saúde da Limia preparou este obradoiro que tivo unha grande participación e onde estes dous profesionais do Nutrición Center Prieto indicaron aos asistentes como identificar parámetros e ter habilidades persoais para o autocoidado. Ademais de tódalas claves para conseguir unha dieta personalizada.

Os maiores abandonaron este taller eminentemente práctico, cos conceptos de colesterol, Índice de Masa Corporal e medicina preventiva moi claros. E os máis novos, a meirande parte deles estudantes das áreas sanitaria e social, coñeceron como se avalía a un individuo para que a súa dieta sexa equilibrada.

O obxectivo final desta actividade, así coma de moitas das que realiza esta asociación é que a poboación sinta a proximidade dos profesionais da saúde do Concello de Xinzo, e a súa implicación na calidade de vida dos limiaos.