Obxectivo conseguido

Mesa da asemblea que ningún organismo implicado se quixo perder
Obxectivo conseguido

Arranca a Limia agrícola do século XXI

Esta tarde todo eran nervios , tanto na mesa presidencial como nas gradas. A asemblea dos regantes que debía dar o visto bo ao proxecto de regadío que tanto esforzo levou en conseguilo e que dependía das votacións. Os regantes foron chegando pouco a pouco ao pavillón de deportes, algúns deles, tamén lles xogou unha mala pasada os nervios, posto que esqueceron na casa o DNI, e outros que estaban tamén nerviosos polo proxecto que alí se ía presentar do que solo sabían o custe, mais de 35 millóns de euros, pero do que todo o mundo falaba que despois da decisión que se tomara, entraría a Limia nunha era diferente ou quedaría para sempre a espera doutro tren, que ninguén sabe cando pasaría.

NERVIOS ENTRE OS PRESIDENTES E OS POLÍTICOS

Os nervios de Amador Saburido notábanse de lonxe
Amador Saburido (presidente da comunidade de regantes Nova Limia, atendendo a todo o que pasaba

Ninguén que apostou por este proxecto se quería perder o día. Goberno Central representado por Emilio González(subdelegado en Ourense), Xunta de Galicia representada pola directora xeral de AGADER e posteriormente polo propio conselleiro de Agricultura, Deputación Provincial, polo seu vicepresidente Rosendo Fernandez e o Delegado da Xunta en Ourense Gabriel , representantes da empresa que levará adiante o proxecto (de ser aprobado) SEIASA, o redactor do proxecto o limiá Jose A. Marra e o asesor das comunidades do cal dependía que todo saíra segundo toda a legalidade.

OFRECEMENTO DE TODOS

Propietarios acreditándose para a asemblea
Propietarios acreditándose para a asemblea

Nas súas intervencións, antes do comezo da asemblea, Emilio González incidía en que “hoxe é un día importante para a Limia despois de moito tempo e moitos intentos” Destacou que a Limia terá un proxecto “comprometido entre o Goberno e os regantes en colaboración co resto de institución”. “É o momento de velo con perspectiva de futuro”. No mesmo senso, tamén se asegurará o “futuro das novas xeracións e as presentes”. “Un importante compromiso do Goberno que se levará adiante”. O Subdelegado puxo en valor e destacou o esforzo realizado polos presidentes e as comunidades de regantes

Rosendo Fernández, representando a Deputación, anunciou aos presentes que o organismo provincial xa comprometera 4 millóns de euros para axudar a pagar a parte que corresponde aos agricultores e que estaban dispostos a subir esa cantidade para que o proxecto non se deixara de facer.

Jose González , Conselleiro de Agricultura, reafirmou o compromiso do Goberno galego coa iniciativa a través da construción de pozos para a captación de augas subterráneas e da instalación prevista da infraestrutura de bombeo de ditos pozos

Insistiu en que as administracións cumpran os compromisos adquiridos de cara á modernización dos regadíos, que no caso do Goberno central foi o de asumir o 80% do investimento necesario para o proxecto

Despois tocoulle o turno ao enxeñeiro redactor do proxecto que explicou en 62 diapositivas en que vai a consistir o proxecto que fará que haxa un antes e un despois na agricultura da Limia. Contestaron as preguntas que fixeron algún dos asembleístas e despois a porta pechada continuou a asemblea para debater e votar os 8 puntos da orde do día máis o de rogos e preguntas.