OCDR O Viso quere estender o 8M

Mural CDR O Viso en Lodoselo
OCDR O Viso quere estender o 8M
Levou e levará varias accións durante este mes

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso quere ampliar o impacto do día da Muller e faino principalmente con dúas iniciativas.
Por un lado, iniciará en colaboración co IES Lagoa de Antela unha formación en novas masculinidades para o estudantado de formación profesional co propósito de revisar as características e consecuencias da masculinidade hexenómica e indagar en alternativas.
Noutra liña de actividades, comezouse a redecorar o palco da festa na aldea de Lodoselo coa colaboración da veciñanza para facer del un espazo reivindicativo e cómodo para a xente de Lodoselo.
Estas actuacións enmárcanse no Programa ELAS, financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.

Realización do mural en Lodoselo
Realización do mural en Lodoselo