"Os vermús do BNG"

cartaz
"Os vermús do BNG"

O BNG de Xinzo, presentou unha campaña que levará polos pobos e aldeas a partir de hoxe 15 de maio

O venres 13 de maio, o BNG de Xinzo de Limia presentou unha iniciativa para acercar a política ao rural. Visitaranse o total das 20 parroquias e 33 núcleos rurais de poboación que compoñen o Concello de Xinzo de Limia. O noso sentimento común de responsabilidade co pobo fixo imprescindíbel este esforzo de achegamento á realidade despois de dous intensos anos sen xuntanzas sociais. Seguimos crendo no rural, na súa xente, na súa vida e nas súas posibilidades, por iso “Os vermús do BNG” nacen baixo a necesidade de dar voz ás peticións, desasosegos e inquedanzas das veciñas e veciños do rural, o eterno esquecido polos grandes grupos. Os obxectivos son escoitar as necesidades do pobo en primeira persoa, dar a coñecer o sentimento de identificación da totalidade do BNG de Xinzo de Limia para con todas as iniciativas rurais e demostrar á poboación que os partidos políticos non só traballan ou escoitan durante as campañas electorais. Dende o BNG non queremos que ningún veciño nin veciña estea desinformado acerca das novidades do goberno, das iniciativas sociais ou das campañas máis importantes arredor dos seus intereses como partícipes activos da vida social e política. Comezaremos esta nova iniciativa o próximo domingo 15 de maio e as primeiras aldeas que visitaremos serán: Queirugás, Mosteiro de Novás, Novás e Gudín.

O noso sentimento común de responsabilidade co pobo fixo imprescindíbel este esforzo de achegamento á realidade despois de dous intensos anos sen xuntanzas sociais.