Un Óscar con sabor a Rairiz de Veiga

nico
Un Óscar con sabor a Rairiz de Veiga

Nico Casal é o nome que non para de soar hoxe en Galicia. Isto ten relación co feito de que este mozo galego compuxo a banda sonora da curtametraxe "Stutterer" , dirixida por Benjamin Cleary, que gañou o Óscar nesta categoría.

Con raíces en Rairiz de Veiga, Nico leva en Londres dende 2011 onde estudou un máster de composición ó tempo que traballaba na hostalería ata que puido dedicarse por completo a súa paixón. A primeira vez que compuxo unha peza foi con 18 anos e aí descubriu o seu camiño.

Esta pasada madrugada viu como os seus esforzos obtiveron recompensa con ese galardón. En declaracións á axencia EFE, Nico sinalu que participar neste proxecto "era un reto moi bonito, un caramelo". O compositor declarou que a riqueza da banda sonora reside na mestura dos sons electrónicos do teléfono, con melodías de piano e cordas.

"Stutterer" recolle a historia dun mozo tartamudo que tras pasar varios meses falando con ela por internet, proponse o reto de coñecela en persoa. No seguinte enlace poden ver o trailer e apreciar a música deste compositor galego.

https://www.youtube.com/watch?v=tnlBGQUn0tM