sábado. 03.06.2023

A ourensá Olimpia Valencia, primeira galega licenciada en Medicina, protagonista do acto do Día da Muller

Baltar animou á autora do libro, Ana Fuentes, a seguir escribindo obras sobre destacadas mulleres ourensás como: Filomena Dato e as irmás Pura e Dora Vázquez, no ámbito da cultura; Eugenia Pereira, a primeira muller galega licenciada en Farmacia; Antonia Ferrín, matemática e astrónoma, ou a política Jesusa Prado, unha das fundadoras dos Comités en Defensa da Revolución cuba

Presentación do libro "Olimpia Valencia. Ocho décadas de historia desde los ojos de una pionera".- No centro cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do libro "Olimpia Valencia. Ocho décadas de historia desde los ojos de una pionera" de Ana Fuentes, no marco das xornadas "Xeración da Igualdade, o papel das Mulleres Pioneiras", que organiza a Deputación de Ourense con motivo do Día Internacional da Muller. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; da deputada provincial, Luz Doporto; e da autora da publicación.
Presentación do libro "Olimpia Valencia. Ocho décadas de historia desde los ojos de una pionera".- No centro cultural "Marcos Valcárcel" terá lugar a presentación do libro "Olimpia Valencia. Ocho décadas de historia desde los ojos de una pionera" de Ana Fuentes, no marco das xornadas "Xeración da Igualdade, o papel das Mulleres Pioneiras", que organiza a Deputación de Ourense con motivo do Día Internacional da Muller. O acto contará coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; da deputada provincial, Luz Doporto; e da autora da publicación.

A Deputación de Ourense desenvolveu hoxe unha xornada conmemorativa do Día Internacional da Muller -que se celebra o vindeiro domingo, 8 de marzo-, na que foi protagonista a ourensá Olimpia Valencia, a primeira galega licenciada en Medicina. No acto, que tivo lugar no centro cultural "Marcos Valcárcel" presentouse o libro Olimpia Valencia. Ocho décadas de historia desde los ojos de una pionera, obra escrita pola xornalista Ana Fuentes, que fai un percorrido biográfico e histórico pola vida dunhas das mulleres de ciencia máis destacadas de Galicia.

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, salientou no acto inaugural da xornada que esta pioneira da xinecoloxía en Galicia, que viviu momentos clave na historia da España do século XX, "é un exemplo e todo un referente social", e animou á autora do libro "a seguir escribindo unha colección sobre destacadas mulleres ourensás como: Filomena Dato e as irmás Pura e Dora Vázquez, no ámbito da cultura; Eugenia Pereira, a primeira muller galega licenciada en Farmacia; Antonia Ferrín, matemática e astrónoma, ou a política Jesusa Prado, unha das fundadoras dos Comités en Defensa da Revolución cubana".

Presentación do libro Baltar, quen participou previamente nun acto organizado pola Asociación de Avogadas e Avogados Xóvenes de Ourense, no que se analizaron temas referidos a esta profesión e ao peso feminino neste ámbito xurídico, dixo que o impulso e a proxección da muller é algo do que debemos falar todos os días, e agradeceu a Ana Fuentes "a súa actividade investigadora e a súa paixón polo xornalismo, para achegarnos á figura de Olimpia Valencia, unha ourensá do Concello de Baltar -onde foi declarada filla predilecta-, que é un modelo de compromiso social, pola súa traxectoria persoal e profesional".

A xornada, enmarcada baixo o epígrafe: "Son da xeración igualdade: polos dereitos das mulleres", contou, ademais da presentación do libro, cunha conferencia a cargo da autora Ana Fuentes e cunha mesa redonda na que se analizou o papel da sociedade civil na transformación e nos avances socio-sanitarios, moderada por Emma González, directora adxunta de Expourense, e que contou coa participación de Isidora Gómez, presidenta da AECC de Ourense; Dolores Neira, presidenta de Afaor, e Carmen Dorado, de Alcer.

Ana Fuentes puxo en valor a traxectoria de Olimpia Valencia, "unha muller valente, audaz e que rompeu moldes na súa época ao ser a primeira galega en licenciarse en Medicina na Universidade de Santiago". Da súa biografía salientou "o compromiso social, cultural e político", que a levou a significarse na candidatura galeguista de Castelao, e remarcou a súa valentía á hora de exercer a súa profesión nun campo, o científico, "tan escaso en modelos femininos".