Outra veciña centenaria en Xinzo

159
Outra veciña centenaria en Xinzo

Hoxe celebrou o seus 100 primeiros anos

Esta tarde ás 16.30 celebrouse na residencia de Xinzo de Limia, o aniversario de Raquel Noveiras, nada o 7 de abril de 1918. Entre flores e tarta, a muller centenaria disfrutou no día do seu cen aniversario. O concello de Xinzo quixo estar presente nesta efeméride e puido comprobar a felicidade e lucidez desta muller, veciña do pobo desde fai varios anos.

A Raquel gústalle ser unha muller activa e informada, ata tal punto que di preferir ler o xornal a almorzar. Deleitou aos presentes recitando, de memoria, dous poemas e contando historias sobre a súa mocidade: “Eu era moi presumida. Gustábame camiñar pola rúa do paseo de arriba a abaixo porque era moi coqueta”.
Como puidemos comprobar, ela aínda segue mantendo ese espírito novo e ese coidado pola súa imaxe persoal.