O Padre Carballo presenta un libro que retrata a súa vida en 150 palabras prologado polo Papa Francisco

carballo
O Padre Carballo presenta un libro que retrata a súa vida en 150 palabras prologado polo Papa Francisco

"Fray José Rodríguez Carballo. Armonía Vital", baixo este título así se presenta o libro que o Padre Carballo presentou en sociedade no balneario de Mondariz o pasado venres.

O veciño máis ilustre de Lodoselo recolle as súas vivencias, reflexións e opinións nun retrato da súa propia vida presentado en 150 palabras. Tan só existen 1.500 exemplares numerados desta obra que conta cun prólogo escrito polo propio Papa Francisco.

O actual secretario da Congregación Vaticana para os institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica, analiza a través deste libro personaxes históricas, conceptos relixiosos e sociais pero sen esquecer as súas orixes galegas. De feito neste retrato aparecen as palabras Sarreaus e tortilla, un dos seus pratos favoritos iso sí "a que fai a súa irmá Josefa con patacas da Limia e ovos de Lodoselo", tal e como recollen en Galicia Press.

O Padre Carballo tamén garda palabras para o galego, "a lingua dos sentimentos máis íntimos, a lingua do corazón que chega ao corazón", destaca. Presentado a modo de diccionario fai unha reflexión sobre todo tipo de palabras como son aborto, arrogancia, comunismo, islamismo, muller, riqueza, violencia ou xenofobia. O libro de 300 páxinas está xa á venda.