Outro parque eólico MENOS na Limia
A contestación veciñal, con máis de 800 alegacións tramitadas a través de Stop Eólicos Xurés Celanova, que xa comezou a súa campaña contra o proxecto en 2021, foi determinante para parar outro proxecto de Greenalia, despois de que en xaneiro a Administración rexeitara tamén o macropolígono de Lamas de Feás, unido a este a través da LAT de Greenalia (aínda en tramitación).

O proxecto de Greenalia para instalar no Monte Grande, con 12 aeroxeradores de máis de 180 metros de altura, 11 no territorio do Concello de Bande 1 no de Verea, e cunha poligonal que incluía tamén territorio do Concello de Rairiz de Veiga foi rexeitado pola Concellería de Medio Ambiente que emitiu unha Declaración de Impacto Ambiental desfavorábel, segundo publica hoxe o DOG