A “pataca PRUDENCIA” será a mascota que acompañará ós cativos a escola

80
A “pataca PRUDENCIA” será a mascota que acompañará ós cativos a escola

Protección Civil de Xinzo, presentará nuns días a mascota \“pataca Prudencia\” que formará parte dun xogo denominado \“xoga a serpe, ou camiño seguro\”.

COLEXIOS, COMERCIANTES E CONCELLO

Os primeiros en colaborar serán os propios centros e despois os establecementos adheridos terán tamén sinais que guíen aos pequenos e pequenas mais directamente e sen risco ata as aulas. Tamén nas beirarrúas haberá pinturas que indiquen o camiño seguro.

O xogo da serpe ou camiño seguro consiste na creación de varios camiños que conduzan aos nenos de casa ao colexio. Pintásense no chan o camiño marcas por onde transcorra a súa andaina habitual, e os comercios colaboradores por onde discorra terán un adhesivo que poñerán na porta e ademais, dentro, o comerciante terá unha folla onde aparecerán distintos números de teléfonos para poñerse en contacto en caso de necesidade dos nenos. O xogo pretende fomentar nos pais e nenos hábitos seguros de educación viaria contribuíndo á súa mellor seguridade.

A agrupación de Protección Civil de Xinzo, a DXT e a policía Local veñen realizando nos últimos 2 anos distintas tarefas de educación viaria. Xornadas de educación viaria, saídas cos nenos a distintos lugares como ao cuartel da garda civil, policía local, instituto do campo, concello de Xinzo, paseos en bicicleta, paseos a pé?etc., coa finalidade de que os nenos recoñezan e interpreten os distintos sinais e como interpretalas así como o fomento de hábitos seguros.