Os pequenos do Carlos Casares botáronse ao “Camiño”

Km.0 do "Camiño"
Os pequenos do Carlos Casares botáronse ao “Camiño”

Saíndo de Xinzo, concluíron a primeira etapa baixo a torre de Sandiás.

O alumnado de 5 anos do CEIP. Carlos casares de Xinzo acompañados das súas profesoras Rosa e Sonia, botáronse hoxe a rúa para comezar a primeira etapa do seu primeiro “Camiño de Santiago”, das 5 que comprende o proxecto iniciado este ano para facer “a súa maneira” o Camiño da Vía da Prata para rematar alo polo mes de Xuño en Santiago.

CINCO ETAPAS

Cinco son as etapas que teñen pensado percorrer estes intrépidos cativos, perfectamente ataviados cos seus panos, chapeos e capas feitas a man, réplicas das que empregan a asociación dos “Amigos do camiño da Prata”.

Nesta primeira etapa, despois de visitar a Igrexa de Sta. Mariña, puxeron o punto de partida no albergue de peregrinos de Xinzo, para despois dun pequeno percorrido polas rúas do casco vello montarse en autobús para achegarse ao Mosteiro de Trandeiras e continuar logo ata Sandiás visitando a Pedra Alta e a Torre de Sandiás. Despois voltaron ao centro rematando así a primeira etapa.Saída do CamiñoA segunda será o venres da semana que ven a Ourense, onde visitarán a Catedral, o casco vello e as Burgas, para rematar logo cun ágape ao “stand” da Asociación dos amigos do camiño da Prata, presentes en Xantar.
Carballiño Cea Lalín e Silleda, serán as dúas seguintes etapas para finalizar en Santiago, esta vez facendo a pe os últimos quilómetros do Camiño.
O “traballo de campo”, antes de cada etapa realizase nas aulas, con traballos de investigación sobre os lugares e monumentos que se van atopar ao longo das 5 etapas, traballo que leva moitas semanas, posto que o mesmo, nas distintas actividades está, como non podería ser doutra maneira, adecuado a estas idades.

IMG-20211028-WA0003

IMG_20211028_101759IMG-20211028-WA0001IMG_20211028_102227