Persoas independentes e diferentes cun nexo de unión común, “o amor polos animais”

2
Persoas independentes e diferentes cun nexo de unión común, “o amor polos animais”

Ata agora facían accións de recollida de animais individualmente e agora decidiron unirse para ter mais posibilidades de todo tipo.

Mais posibilidades de recoller animais, repartilos entre eles mesmos, segundo as súas características e mais posibilidades a hora de buscarlle familias de acollida.

Desta maneira naceu o que dentro de poucos días será ADOPTA-ME Lodoselo e POUSADA ANIMAL.1

Ichi, Cati, Mel, Cristina, Mirian, Isabel, Fran Andrés e Ádega son as persoas que están totalmente identificadas coa recollida de animais abandonados, para despois de tratalos das súas enfermidades, si as tiveran, búscanlle unha familia de acollida.

NON VALE CALQUERA

3Unha das cousas que tódolos membros das dúas futuras asociación, xa neste momento a nivel individual, é a de examinar moito as características das persoas que queren adoptar un dos seus animais. Analizan a situación de cada un deles, posto que un mesmo can, por exemplo, non é adecuado para unha familia con rapaces nun piso, que outra cos mesmos rapaces pero cunha casa na aldea e con leira. O que prima nestes casos son as características dos animais a adoptar. Se ven que o animal non é adecuado para esas persoas, pois o can, gato, ovella, pato…etc, quédase onde está. O que non se pode e dar un animal en adopción cando se pode albiscar que en pouco tempo pode ser abandonado.

O MERCADO UN ÉXITO

Nos días pasados adicáronse a ir polas casas e comercios de Xinzo solicitando toda clase de pezas, xoguetes, bixutería, etc para montar hoxe un mercádello solidario, cuxo resultado segundo os organizadores foi fantástico. Acudiu moita xente e ata durante o día se fixeron entrega de algún animal, neste caso can, a unha veciña que se encariñou a primeira vista do animal que tiñan con eles.

Queren agradecer a toda a xente que colaborou doando, a todos aqueles que se acercaron e fixeron algunha compra e como non ao Concello de Xinzo que lle deu todas as facilidades para que puideran montar o mercadillo.

A última hora da tarde xa falaban da seguinte edición do mercado, que esperan non tarde moito.

Todos aqueles que queiran poñerse en contacto con calquera das dúas asociación encontraranos nas redes sociais polos nomes indicados.

FUTURA SEDE PRETO DE XINZO

Unha das accións que están a levar a cabo ADOPTA-ME, Lodoselo, é a consecución dunha nave, granxa inutilizada, para facer unha sede, para o cal queren contar coas axudas municipais para poder conseguilo.