PLENO “EXTRAORDINARIO” CON PÚBLICO EXTRAORDINARIO,REBOLTOSO E PREGUNTÓN

Concelleiros no pleno "extraordinario"
PLENO “EXTRAORDINARIO” CON PÚBLICO EXTRAORDINARIO,REBOLTOSO E PREGUNTÓN
Onte día 23 as 12 da mañá o Salón de Plenos de Xinzo atopábase algo alborotado, pero esta vez non...

Onte día 23 as 12 da mañá o Salón de Plenos de Xinzo atopábase algo alborotado, pero esta vez non era polas desaveniencias habituais entre os concelleiros dos distintos grupos.

Con uns minutos de retraso, que fixo que os nervios afloraran no salón de plenos posto que os “ilustres visitantes” neste día eran os rapaces e rapazas da ludoteca de Xinzo. Eles e elas, entre 3 e 10 anos non deixaban de rebulir nas cadeiras do consistorio, ata que chegou o Sr. Alcalde para presidir un pleno pouco habitual, no que as preguntas as facía , por primeira vez, e sen que sirva de precedente o público. Un por un foron metendo en vereda o Alcalde e a algún concelleiro do grupo do goberno que tivo que contestar as peticións dos asistentes, no campo do estado de conservación dos parques, con poucas fontes, poucas papeleras e con poucas zonas de sombra. Tamén oubo reproches polo estado do céspede da piscina. A continuación viñeron as suxerencias sobre a seguridade viaria, solicitando mais carrís bicis e un paso de peóns “URXENTE” entre o Multicentro e a rúa Río Arnoia unha por unha chegaron as suxerencias e algunha que outra exixencia dos rapaces. Antes do remate o Sr. Alcalde tivo que empregarse a fondo para poder contestar a unha pregunta dun dos rapaces maiores . Este facíase eco das opinións dos líderes políticos, para convencernos de que xa estamos a saír da crise, e tanto él, como a súa familia non o ven por ningunha parte. Para rematar o pleno o Alcalde e concelleiros repartiron unha bolsas a cada un dos presentes que contiña unha camiseta e unha gorra cortesía da C.H.M.S.