A parte de abaixo do café Ítaca quedouse pequena ante a multitude de persoas que acudiron á presentación de "Os elefantes de Sokúrov". Amigos, coñecidos e veciños, ninguén quixo perderse a oportunidade de escoitar a Antón Riveiro Coello falando sobre a súa nova obra.
Non estaba só, na mesa acompañouno o representante de Galaxia, Fernando Fernández González; o escritor Xesús Laíño; o xerente do café Ítaca, Gonzalo Peláez e concelleiro de Turismo de Xinzo, Carlos Gómez. Todos quixeron destacar a súa figura como escritor e a súa conexión coa Limia.
Moitos libros se puideron ver entre o público que non podían marchar sin a sinatura do escritor de Xinzo.
A nova obra de Riveiro Coello recolle a historia de Janis, unha moza que viven en Compostela e que se enfronta a unha situación complicada, no medio da crise económica no 2012, ó tempo que a protagonista sente a necesidade de coñecer o seu pasado as razóns dunha existencia na que non atopa un futuro.
O autor consegue conectar o pasado e o presente e trata temas de actualidade cos que calquera se pode identificar, como os problemas da vellez, os desafiuzamentos, o traballo precario da mocidade ou a pobreza nas rúas.
O libro xa pode mercarse en calquera librería da zona.