Primeiras xornadas sobre doacións da Escola Rural de Saúde da Limia

Charla en Ganade
Primeiras xornadas sobre doacións da Escola Rural de Saúde da Limia
Realizaronse en Porqueira e Ganade

A Asociación Escola Rural de Saúde da Limia (AERSL) e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) colaboran na campaña de concienciación cun ciclo de charlas informativas que permita valorar a doazón de sangue e a doazón de órganos como actuacións imprescindibles para promover a mellora da saúde no noso medio social.

Na comarca da Limia realizaronse 707 doazóns de sangue durante o ano 2022 e grazas a poboación limiá, foi posible realizar 354 intervencións cirúrxicas, 71 transplantes de órganos e 141 transfusións de plaquetas a enfermos oncolóxicos.

Estas doazóns de sangue contribúen a manter a actividade sanitaria dos hospitais de Galicia e resultan imprescindibles en procesos de transplantes de órganos, certas intervencións cirúrxicas e tratamentos oncolóxicos. Xinzo de Limia é o concello con maior número de doazóns 579, e maior taxa de daozón, con 62 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano.

Rairiz de Veiga 37 doazóns, Vilar de Barrio 18, Sandiás 17, Sarreaus 14, Os Blancos 7, Calvos de Randín 6, Trasmiras 7, e Baltar 4 doazóns.. A cidadanía debe sensibilizarse coas necesidades dos hospitais galegos nos que para levar a cabo a súa actividade diaria precisan arredor de 500 doazóns cada día. Ninguén está a salvo de que nalgún momento da vida xurda, de improviso, algún tipo de enfermidade ou disfunción que precise unha transfusión ou un transplante de órganos. Só se vivimos nunha sociedade masivamente concienciada coa doazón de sangue, órganos e tecidos se pode lograr que as intervencións e os transplantes poidan realizarse sen demora e con máximas posibilidades de éxito. Para lograr esta sensibilización, ténselle que proporcionar á poboación información adecuada que permita valorar a doazóns de sangue e os transplantes como actuacións imprescindibles para promover a saúde no noso medio social. Á comarca da Limia a información chega pola man da colaboración entre a Escola Rural de Saúde da Limia (AERSL) e Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). Unha das principais liñas de actuación da Asociación é a información e sensibilización, cos obxectivos de dar a coñecer a realidade e na súa labor de promoción da saúde.

Charla informativa en Porqueira
Charla informativa en Porqueira

OBXETIVO: DOAR VIDA

Informar e sensibilizar a poboación das necesidades de sangue nos hospitais para desenvolver a súa actividade diaria, e concienciar de que todos podemos ser potenciais doadores. Datas das xornadas:

.-20/4/2023 ás 17,30 en Xinzo de Limia (Casa da Cultura aula 2)

.-25/4/2023 ás 16:00 en Arnuide – Vilar de Barrio (Centro Social de Arnuide)

.- 25/4/2023 ás 18:00 en Sarreaus (Forno do Pobo)

.- 26/4/2023 ás 18:30 en Sandiás – (Casa da Cultura)

.- 3/5/2023 ás 16:30 en Boullosa – Baltar (Teleclube de Boullosa