Nun salón de actos da Casa de Cultura ateigada de comerciantes e empresarios da Limia en número nunca imaxinable de case douscentos aprobáronse os estatutos da nova asociación de empresas e comercios da Limia.
A asemblea xeral constituinte a xunta directiva que estivo funcionando ata agora, e seguirá, non en función, se non xa como electa recibiu o respaldo de case duascentas persoas que xa asinaron a súa pertenza a esta nova asociación, ademais de aprobar unha cota anual de 30 €.
A presidenta da xestora Teresa Martínez, que despois xa se confirmou no seu cargo fixo a presentación de Logo e de slogan da asociación.
“Pro”, quere representar o positivo desta nova asociación que naceu cun espritu positivista , sen prexuízos nin condicionantes políticos. Tamén é un proxecto ilusiónante e integrador na que todos poden formar parte, sen distinción , de todos os comerciantes e empresarios do comercio, hostalaría, industria e servizos.
Unha visión PRO no NOSO… somos moitos, somos fortes, somos importantes e si estamos xuntos podemos conseguir o que nos propoñamos
PRESENTACIÓN DE PROXECTOS INMEDIATOS
Os e as vicepresidentas sectoriais foron presentando as accións sectoriais a curto e medio prazo, así como as campañas de fomento do consumo local en cada un dos sectores que atinxen.
Tamén se explicou e aprobou o método e procedemento de inscrición para os novos socios así como a cota anual que se empezará a abonar no ano 2018.