Probas voluntarias de diabetes na feira

IMG_20210626_112509
Probas voluntarias de diabetes na feira

A Asociación de diabéticos AURIA estivo coa súa carpa e con voluntarias enfermeiras realizando probas gratuítas

Moita xente se achegou ata a carpa ao longo da mañá para facerse a proba do azucre para interesarse pola asociación. Tamén se acercaron a mesma a alcaldesa Elvira Lama e o concelleiro responsable Alberto.

Paz Gómez del Valle Ulloa, presidenta da asociación diabética AURIA, coméntanos que estas accións forman parte do proxecto de levar o coidado da diabetes ao rural, subvencionados pola Deputación

LOCAL EN XINZO

IMG_20210626_112544Neste momento xa teñen un local cedido polo concello, o cal xa están a limpar e a traer os móbeis para abrir en breve.
Este local abrirá posiblemente xa no mes de xullo e terá atención un par de días a semana. Uns con consulta de enfermería e educadora, con atención individualizada en cada caso.

Tamén virá unha traballadora social para informar as persoas diabéticas sobre os seus dereitos e axudas que poden solicitar.

Ademais faranse charlas informativas no que os voluntarios virán a colaborar.

COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN SAÚDE DA LIMIA

Xa se fixeron moitas charlas de formación co persoal dos concellos que están no servicio de axuda no fogar, para instruílos no coidado das persoas diabéticas, así como na importancia da alimentación nestas persoas.

AI MOITA XENTE QUE PODERÍAMOS DICIR QUE SON DIABÉTICAS, E NON O SABEN

IMG_20210626_121313Máis de 70 persoas se pasaron durante o tempo que estiveron os voluntarios na carpa para facerse as probas do azucar en sangue, e desas 70 dúas deron altos índices, e poderían xa diagnosticar de ser diabéticos, sen que eles o souberan.

Índices moi altos de diabéticos na limia, un 25% da poboación

Segundo os datos que a asociación manexa, un 14% da poboación da Limia, xa están diagnosticados e seguindo os tratamentos da diabetes, e outro 14% sono, pero non o saben. Isto danos unhas cifras de persoas con diabetes na comarca dun 25% da poboación, algo que é preocupante, porque é moi superior a outras comarcas.

A xente asocia azucre na sangue con tomar moito doce, pero iso é erróneo, porque doces comemos unha vez a semana, pero patacas todos os días dúas veces, posiblemente.

Fai falta moita información e moita cultura sobre esta patoloxía, e para iso estamos nos aquí.