O PROBLEMA NON É O VALOR REAL DO GASÓLEO

amador
O PROBLEMA NON É O VALOR REAL DO GASÓLEO

Amador Díaz Penín, presidente da comunidade de regantes\”Alta Limia\”

Postos a fala con Amador, presente tamén na reunión comenta que nestes casos o problema para nos non é o valor real do gasóleo, aínda que para \“eles\” o valor e o dobre que a nos. O problema é que cando rouban o gasóleo o agricultor non sabe cantas horas estivo regando, e iso é moi importante. Se os cálculos son que con un pozo podemos regar 7/8 Hta.

Temos que saber canta auga chegou as patacas, neste caso. Nin por regar moito, nin por pouco. Ese é realmente o problema. Para facer fronte a estas cuestións estamos instalando pluviómetros para controlaro caudal de auga que chegou a terra.

Este problema de roubos levámolos sufrindo xa fai mais dun mes. Agradecemos a colaboración da Garda Civil dende que tivo constancia destes problemas así como da Policía Local que están coordinados, pero sabemos que é moi difícil. \“eles\” contrólannos a nos e os efectivos, e a Limia é moi grande.