A PROBLEMÁTICA DOS PURÍNS NA LIMIA CHEGA O PARLAMENTO EUROPEO

foto Bruxelas 1
A PROBLEMÁTICA DOS PURÍNS NA LIMIA CHEGA O PARLAMENTO EUROPEO

No marco dunhas xornadas sobre O ACAPARAMENTO DE TERRAS NA GALIZA no Parlamento Europeo, organizada pola europarlamentaria LIDIA SENRA, da alternativa Galega de Esquerda en Europa dentro do Grupo da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nordica, A FEDERACIÓN ECOLOXÍSTA GALEGA cuestiona ante o parlamento europeo o proxecto LIFE + REGENERA LIMIA.

O xoves da semana pasada, Manuel García, representante da F.E.G. mantivo un encontro na direccion xeral de medio ambiente, concretamente na oficina que xestiona os proxectos life ( presidida por Mr. Hervé ), para manifestarle o noso escepticismo sobre a vontade real dos protagonistas do life + regenera limia (COREN, GAS NATURAL, CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA, CONSELLERÍA DE AGRICULTURA e como non a DIPUTACIÓN) de querer resolver os graves problemas de contaminación que padece a Limia .

Nunha extensa entrevista tivemos a oportunidade de aportarlle datos e material gráfico que permitiu ó experto que nos recibiu comprender a magnitude do impacto ambiental ocasionado por unha mala ou nula xestión dos residuos por parte de COREN , pero sobre todo pola deixadez de funccións por parte da consellería de agricultura e da confederación hidrográfica.

COREN , socio beneficiario principal , é o máximo responsable deste desastre. Leva máis de duas décadas cun plan industrial premeditado de producción intensiva en base a macrogranxas que foi diseminando pouco a pouco por tódolos recunchos da Limia , librándose asi da obriga de facer estudos de impacto ambiental. Pero eso sí, cando aparece a oportunidade de conseguir diñeiro fácil , recoñece públicamente o dano causado e consigue unha subención de 22 millóns de euros para construir unha planta de tratamento de puríns que resultou ser unha farsa, pois nunca cumpliu co obxectivo para o que fora diseñado, adicándose exclusivamente a producir electricidade queimando gas natural.

A cosellería de Agricultura leva anos autorizando, a sabendas , a instalación de granxas, sobre todo de porcino, que incumplen toda a normativa de ubicación e medidas medioambietáis, e a dia de hoxe sigue sin publicar o necesario DECRETO DE XESTiÓN DE PURÍNS .

O autor do proxecto LIFE+ REXENERA LIMIA , a CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA, institución pública responsable de velar pola saude dos recursos hídricos, fai a vista gorda deixando que se cometan toda clase de infraccións e vertidos que incumplen toda normativa de protección da LEI DE AUGAS

COMO CONSECUENCIA DA ACTUACIÓN CONXUNTA DESTES TRES PROTAGONISTAS PRINCIPÁIS , A Limia padece unha grave contaminación dos seus acuíferos e lagóas por pesticidas, nitratos e fosfatos; desecación e eutrofización dos ríos e finalmente o colapso por cianobacterias do embalse das Cunchas

Iste novo proxecto, como todos sabemos (incluidos os seus artifeces ) non vai solucionar nada. Xa que a idea principal é que siga sendo a natureza a que se encargue de absorber tódolos residuos, a pesar de que xa está ó limite da sua capacidade de depuración (como así o demostran estudos analiticos feitos por investigadores do CSIC encargados pola propia CONFEDERACION H.)

EN Bruxelas recalcamos que este LIFE iva ser utilizado para un novo lavado de imaxen dos auténticos culpables e un gasto de cartos públicos inútil

RESULTADOS DERIVADOS DESTA REUNIÓN :

DENDE A DIRECCION XERAL DA COMISON EUROPEA DO MEDIO AMBIENTE TOMARON BOA NOTA DA INFORMACIÓN APORTADA , E O PRIMEIRO PASO QUE DARÁN SERÁ ESIXIRLLE A CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA QUE APORTE MÁIS DATOS

QUE POIDAN SERVIR PARA VALORAR MILLOR A UTILIDADE PRACTICA DO LIFE+REXENERA LIMIA.

O EXPERTO QUE NOS ATENDEU MANIFESTOU A SUA ESTRAÑEZA , DE QUE A FALTA DUN PLAN DE XESTIÓN DE PURÍNS, OPTARAN POLA REALIZACIÓN DUNHA ACCIÓN QUE NON É MAIS QUE UN EXEMPLO PRÁCTICO DEMOSTRATIVO DO EFECTO DEPURADOR DOS FILTROS VERDES, E QUE NON VAI A SOLUCIONAR UN IMPACTO DE TAL MAGNITUDE (NEUTRALIZAR MÁIS DE 600.000 TONELADAS DE XURROS ANUALES).

TAMEN NOS COMENTARON QUE O QUE MÁIS ESTABAN APOIANDO AGORA EN EUROPA E TAMÉ EN ESPAÑA (E QUE ESTÁ TENDO MOITO ÉXITO) SON PLANTAS DE COMPOSTAXE E DE EXTRACCIÓN DE BIOGAS.

MOSTRARON TAMEN A SUA PREOCUPACIÓN PORQUE A PLANTA DE TRATAMENTO DE PURÍNS QUE COREN TEN EN SARREAUS, E QUE TANTOS CARTOS COSTOU, NON TEÑA CUMPLIDA A FUNCION PARA A CUAL FOI CONSTRUIDA, E QUE ACTUALMENTE ESTE PARALIZADA.

FINALMENTE COMENTARON TAMÉN QUE CONSIDERARÍAN SERIAMENTE A POSIBILIDADE DE REALIZAR UNHA INSPECCIÓN IN SITU PARA TER INFORMACIÓN DIRECTA DO QUE ESTA A PASAR NA LIMIA, E COMPROBAR QUE OS FONDOS LIFE QUE CHEGAN DENDE A COMUNIDADE EUROPEA SE EMPREGAN CORRÉCTAMENTE .