Programación arredor do 25N

non peches os ollos
Programación arredor do 25N

Elvira Lama, alcadesa de Xinzo de Limia, presentou as actividades que se van a desenrolar arredor do 25N, estas outras propostas reivindicativas e culturais dirixidas a distintos públicos.

CARTAZ-ANDAINA-DIA-13-1-647x1024Venres, 12 de novembro. A Casa da Cultura de Xinzo de Limia acolle ás 20:00 horas a representación da obra de teatro “Invisibles” na que se narran sete testemuñas reais de maltrato protagonizadas por Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez.
Sábado, 13 de novembro. Andaina “O rural contra a violencia de xénero”. Ás 10:00 horas sairemos da Praza Carlos Casares de Xinzo de Limia para dende aquí realizar un percorrido circular de dificultade baixa e apto para todos os públicos.
Á chegada, ás 12:00 horas, terá lugar a lectura do manifesto.
Para asistir é necesario inscribirse previamente no número de teléfono 988 688 770 ou no enderezo electrónico info@limia-arnoia.gal
Xoves, 25 de novembro. Ás 12:00 horas concentración nos 25 concellos que forman o GDR Limia-Arnoia diante das correspondentes Casas Consistoriais e lectura do manifesto.
Susana Vázquez, alcaldesa da Porqueira, foi a encargada de pechar o acto de presentacción facendo un símil entre a pandemia da Covid e a pandemia da violencia para indicar que “entre todos temos que acabar coas dúas”. Os concellos que participan na campaña “Non peches os ollos” son: Allariz, Baltar, Bande, Baños de Molgas, A Bola, Os Blancos, Calvos de Randín, Celanova, Entrimo, Lobeira, Lobios, Maceda, Muíños, Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Taboadela, Trasmiras, Verea, Vilar de Barrios, Vilar de Santos, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía.

O programa “Non peches os ollos” está organizado polo GDR Limia - Arnoia en colaboración do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero, da Consellería de Emprego e Igualdade e da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.