ProLimia convoca unha asemblea extraordinaria dos seus socios

prolimia
ProLimia convoca unha asemblea extraordinaria dos seus socios

O xoves 5 ás 20:30 no salón de plenos do Concello

A xunta directiva da asociación ProLimia, convoca aos seus socios a unha asemblea extraordinaria para presentar as contas das campañas “Día do Pai”, de “Semana Santa” e do “Día da Nai

Noutro punto da orde do día propoñerá a asemblea a incorporación temporal de tres socios na directiva actual.

O COMERCIO NA RÚA

Tamén presentarán aos socios a proposta de organización dunha nova campaña que podería denominarse : “O comercio na calle”.
Varios socios ven de propoñer a directiva a celebración dunha nova campaña, onde cada negocio saque a rúa un reclamo de produtos, que teñan a venda no local, pero que neste caso estean ofertados. Despois da aprobación da proposta decidirase as mellores datas para que a campaña sexa o máis exitosa posible.