ProLimia quere celebrar contigo o “Día do pai”

papa
ProLimia quere celebrar contigo o “Día do pai”

Repartirá 1.300 € en vales de compra no comercio local

O comercio local de Xinzo asociado en ProLimia, quere celebrar con todos o “día do pai” sorteando 5 vales de compra dende os 100 ata os 500 €.

UNHA FOTO

A forma de participar é moi sinxela. Simplemente tes que facer unha foto de un fillo/a co seu pai. Esa foto ai que subila a conta de instagram da asociación a partir de hoxe sábado 13 de marzo, ata o martes 16.

CANTOS MAÍS “me gusta”, máis posibilidades de acadar os premios.

Dende o momento de subir as fotos, que non teñen que ser actuais, comeza a carreira para acadar os 5 primeiros postos liderados pola foto que máis “me gusta” teña.

ENTREGA DOS PREMIOS O DÍA 17

O xoves 17 de marzo ás 20:00 farase entrega dos vales, para que os gañadores poidan facer as compras para a celebración do día do pai,a9 de marzo.