Protección Civil de Xinzo cos cativos do Rosalía de Castro

261
Protección Civil de Xinzo cos cativos do Rosalía de Castro

"O que mais lles impresionou foi a carpa e as sirenas".

Coma se de auténticos especialistas se tratase, os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria así como de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil, recibiron as súas primeiras clases "adestramento" en situacións difíciles, loxicamente adecuadas ás súas idades.

"O que mais lles impresionou foi a carpa e as sereas".

262

Segundo indicaron os membros da dotación de Protección Civil de Xinzo, "non paraban de entrar e saír da carpa" e despois o que querían repetir e repetir foi o de tocar a serea do coche.

Todas as instruccións fóronlle presentadas en vídeos onde os debuxos animados eran os que ían ensinado o que os cativos deben e non deben facer, que neste caso é cando teñen que acudir aos servizos de protección.

Os membros de Protección Civil agradeceron a disposición que sempre atopan, tanto no equipo directivo do centro, como no profesorado do Rosalía de Castro para levar as súas ensinanzas aos mais cativos.