O PSOE pide a dimisión do presidente de NNXX de Ourense por facer apoloxía do fascismo nun vídeo

OURENSE. 23.04.2016 SIMEON, CONGRESO NNGG PP OURENSE. JOSE ANTONIO PARENTE. FOTO: MIGUEL ANGEL
O PSOE pide a dimisión do presidente de NNXX de Ourense por facer apoloxía do fascismo nun vídeo

As imaxes remítense á época na que José Antonio Parente aínda non comezara a súa carreira política

Un vídeo publicado polo xornal Ok Diario estase convertendo en viral nas redes sociais. Nas imaxes vese ó presidente das Novas Xeracións do Partido Popular de Ourense, Jose Antonio Parente, nun día de troula. Nun momento do vídeo pódese escoitar a Parente decir "non podo ver a un marroquí diante, arriba España!" acompañada a frase co saúdo fascista.

As imaxes non sentaron nada ben entre a poboación e as Xuventudes Socialistas de Ourense xa emitiron un comunicado no que piden a dimisión do presidente das NNXX. "Resulta vergonzoso que un dirixente popular, que ademáis formaba parte das listas electorais do PP, faga unha apoloxía tan gratuíta do fascismo e o nazismo menospreciando e banalizando así a todas as vítimas da dictadura".

O vídeo correspóndese coa época na que José Antonio Parente aínda non empezara a subir chanzos na súa carreira política. Dende o pasado mes de abril foi elexido presidente das Novas Xeracións do Partido Popular de Ourense.