O que se trata é de empoderalas e poñer en valor o que saben facer.( Laura Seara)
Laura Seara, ex Secretaria de Estado de Igualdade é unha das responsables do grupo RED TALENTO que se dedica a consultaría sobre todo en temas de Igualdade, responsables do proxecto Hypatía que comezou en Xinzo, Sandiás e Vilar de Barrio o ano pasado e continúa con esta nova lexislatura.
Hypatía un programa de asesoramento e formación para mulleres

Pódenos explicar en que consistiu e como se desenrolou o programa?
O programa ten dúas partes moi diferenciadas e na segunda, pódese dividir noutra que sería unha terceira pata. A primeira sería ASESORAMENTO e a segunda a FORMACIÓN. Dentro do asesoramento tratáronse apartados de xurídico enfocado a migración, nacionalidades, obtención de NIE e sobre todo un asesoramento moi importante como é o de casos de violencia doméstica e sexual, así como o laboral.
O que se trata é de empoderalas e poñer en valor o que saben facer, non solo os títulos que teñen ou que saben facer, se non tamén unha parte fundamental que é a formación.
FORMACION NUTIRUICIONAL
Dentro da formación que se deu nos diferentes talleres levados a cabo dentro do programa xeral, tamén se tratou a formación en nutrición. É moi importante saber o que comemos e o que debemos comer. Isto vai directamente relacionado co estado de ánimo, coa autoestima, o benestar. Fíxose dentro deste apartado un taller sobre a DESPENSA SAUDABLE. Como facer a compra con criterios saudables.
DERETITOS E OPORTUNIDADES DAS MULLERES
Despois dos percorridos por talleres, sexuais, de violencia machista viñeron os de dereitos das mulleres desde distintas perspectivas, a de xénero, a de idade( como unha oportunidade) e a procedencia, relixión.
O que foron, somos, porque somos, serán
Formación final dedicada a inserción laboral
A terceira parte e última que estaría dentro da formación serían as sesións dedicadas a inserción laboral para que se lles ensina a facer un currículo, a preparar unha entrevista de traballo e a utilizacións das redes sociais, con un taller específico
Foron 77 mulleres a maioría de Xinzo, pero houbo un incremento notable de mulleres dos concellos de Sandiás e Vilar de Barrio.