Quédache pouco tempo para poñer o teu graniño de area na gala solidaria CIRCUS14

GALA CIRCUS14
Quédache pouco tempo para poñer o teu graniño de area na gala solidaria CIRCUS14
O Centro de Actividades Fusión busca patrocinadores para este evento en favor do programa “Vacacións en Paz” e o CDR...

O Centro de Actividades Fusión busca patrocinadores para este evento en favor do programa “Vacacións en Paz” e o CDR O Viso

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Queda pouco, pero que moi pouco tempo para que lle envíes ao Centro de Actividades Fusión o logo da túa empresa por correo electrónico (a xinzofusion@hotmail.com) , xunto coa cota que ti queiras para axudarlles a financiar os gastos de publicidade, luces, son e decorados de CIRCUS2014. Unha gala solidaria cuxos beneficios serán para o programa “Vacacións en Paz”, que fai posible que os nenos saharauís veñan a Galicia a pasar o verán, e para o programa de “Atención urxente a persoas en risco de exclusión social" levado a cabo polo Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” coa colaboración de Cruz Vermella e Cáritas.

Tan pouquísimo tempo, que mañá será o ultimo día para que poidas converterte en patrocinador dunha iniciativa tan especial. De querer unirte ao proxecto, a túa empresa aparecerá no cartel da gala, así coma no propio escenario o día da celebración, o vindeiro 30 de maio. O mundo do circo será o fío condutor deste espectáculo que terá lugar na praza Carlos Casares e para a que os organizadores teñen xa confirmada a actuación de varios colectivos de Xinzo e Ourense, así como a participación de máis de 140 alumnos do centro de actividades Fusión. Para poder entrar no recinto o día das actuacións o público deberá depositar alimentos ou roupa, esta última tanto en boas coma en malas condicións.