"Reactivando a saúde no rural"

grupo con alimentos saludables
"Reactivando a saúde no rural"

Despois do ano longo de pandemia a E.R. de Saúde da Limia, volve coas charlas e talleres no rural.

A Asociación Escola Rural de Saúde dá Limia, retoma o “Percorrido da saúde pola zona rural de Ourense" na que será a súa 10ª edición, sempre co enfoque de mellorar a calidade de vida das persoas en rural e co obxectivo de impulsar actividades relacionadas coa mellora da saúde e a prevención desenvolvendo actividades destinadas a proporcionar coñecementos, desenvolver hábitos e consolidar actitudes que contribúan a unha vida saudable.

A pretensión da asociación está nesta ocasión en reactivar a saúde da poboación do rural despois dun ano e medio de confinamentos e restricións. A pandemia socavou a saúde das persoas máis vulnerables, especialmente dos maiores, e neste novo paseo da saúde pola súa comarca da Limia, tratarase de activar a saúde da poboación mediante actividade física, nutrición e os hábitos saudables.

Nutricionista Plablo G. Vivanco

Os datos recolleitos nos últimos estudos non son ben recibidos polo aumento do sedentarismo e a menor sociabilidade. A saúde ten, segundo OMS tres vértices, o físico, psíquico e o social e non se debe descoidar a sociabilidade. “Mata máis a soidade que a obesidade” segundo datos achegados por Pablo García Vivanco nutricionista e farmacéutico, quen dará unha charla despois da camiñada que se realizará na contorna de Sarreaus para que poidan participar todos, tamén as persoas de máis idade.

O formato que a Escola Rural de Saúde dá Limia coordinada por Lola Rico pretende instaurar é o de “darlle valor á sociabilidade dentro da comunidade como un dos piares principais da saúde integral e do benestar”. Pecharase a xornada cunha merenda saudable elaborada polos asistentes. A apertura do “Percorrido” levouse a cabo en Sarreaus e terá continuidade, como en edicións anteriores, en diferentes concellos da Limia. O apoio de Concellos da comarca, a Deputación de Ourense e Coren co seu involucramento nas necesidades do rural, así como o de asociacións e voluntarios fan posible o labor de Escola Rural de Saúde dá Limia, a cal focaliza no rural de Ourense os seus programas comunitarios na provincia