Rematou o proxecto de dixitalización do rural en Lodoselo

Mulleres participantes no curso de dixitalización (Lodoselo)
Rematou o proxecto de dixitalización do rural en Lodoselo
Participaron 15 mulleres de Lodoselo e dos pobos do redor

Chegou ao seu fin, polo momento, un proxecto de alfabetización dixital que se estaba a levar a cabo en Lodoselo. Este contou ca presenza semanal de quince mulleres de Lodoselo e das aldeas do redor, durante os últimos catro meses. A formación continua ou permanente como dereito e como obriga de todas as persoas nunha sociedade en continua transformación; para sentírmonos preparadas, vivas, competentes, actualizadas.

4-11-48-1.admin.WhatsApp_Image_2022-04-04_at_10.18.20_AM1

Con este proxecto dende o CDR “O Viso” pomos o noso gran de area para a diminución da brecha dixital que existe no rural, especialmente entre as persoas maiores. Proporcionando un espazo no cal as persoas poden durante unha hora e media non só aprender senón tamén compartir entre elas as súas inquietudes e interactuar con persoas que non son do seu entorno familiar, algo importante sobre todo despois da soidade e illamento que produciu a pandemia provocada pola Covid-19.

En esta semana en que celebramos el Día Mundial de la Salud (7 de abril) conviene recordar que la cultura beneficia la salud; esto lo avala la ciencia. Y así lo recoge la OMS en alguno de sus informes.
Esta é unha máis das actuacións enmarcadas na subvención de Inclusión de Política Social da Xunta de Galicia e cofinanciada parcialmente polo Social Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020.