Remedios cumpriu 100 anos, de nada

IMG-20181229-WA0003
Remedios cumpriu 100 anos, de nada

Rodeada dos 8 fillos,15 netos e 11 bisnetos

Que a Limia e terra de xente lonxeva, xa está demostrado, pero que dúas sexan da mesma familia, aínda que política, xa é tamén digno de estudo.

Remedios Fontelo Araujo naceu, o 22 de decembro de 1918 en Congostro do Concello de Rairiz de Veiga, e hoxe os seus descendentes e amigos íntimos quixeron darlle

unha grande festa polos 100 anos cumpridos.

LEE TODOS OS DIAS O PERIÓDICO E OS DIXITAIS

IMG-20181229-WA0003Remedios e aboa da nosa concelleira Elvira Lama, que por certo, a súa aboa, pero por parte de pai, tamén celebrou os 100 e máis. Permítasenos a licenza de dicir que “temos Elvira para rato”, posto que a ela venlle das dúas ramas.

Cando naceu, comenta Elvira, que non había luz no seu pobo e que hoxe lee todos os días un Xornal de papel, pero tamén os dixitais. Está o día de todo o que ocorre no país aínda que polas mañás, por mor da súa medicación, está un pouco menos activa. Tamén, como é lóxico, faltaría mais fáltalle un pouco o sentido do oído, pero do resto deféndese soa.

Hoxe acompañárona 55 persoas entre familiares e amigos que obsequiaron a Remedios, ademais con todo o seu cariño, con perfumes, cremas hidratantes e moitas flores. Ela estaba desexando que chegara o día de hoxe para recibir os agasallos, comenta Elvira.IMG-20181229-WA0006

Dos 11 bisnetos , dos que so faltaron 2 a celebración, a maior ten 29 anos e o máis pequeno 3 meses, que tamén estaba na comida.

Dende o noxo Xornal felicitamos a Remedios polo seu 100 aniversario e desexámoslle un ano novo cheo de saúde e ledicia, contando estar presentes outra vez na celebración dos 101. Felicidades!!!