Responsables da Festa do Esquecemento, participaron na Asemblea anual da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas

175
Responsables da Festa do Esquecemento, participaron na Asemblea anual da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas

Conchi Ojea e maría Mendez foron elexidas Tesoureira e Vicepresidenta 3ª

A vila burgalesa de Oña acolleu este fin de semana pasado a asemblea anual da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas (AEFRH) da que forman parte as festas galegas, Festa do Esquecemento, Festa dá Istoria e Arde Lucus.

Durante a mañá do sábado os representantes das dezanove recreacións históricas que asistiron ao encontro trataron os temas ordinarios da asociación, así como a remodelación da Xunta directiva ratificando os cargos de Tesoureira e Vicepresidenta 3ª ás representantes de Xinzo de Limia, Conchi Ogea e María Méndez. Quedando a directiva formada con 3 representantes de Cartagineses e Romanos (Cartaxena), 2 representantes das Vodas de Isabel Segura (Teruel), 2 representantes de Festa do Esquecemento (Xinzo de Limia ? Ourense), 1 representante de Astures e Romanos (Astorga ? León) e 1 representante das Xustas Medievais do Passo Honroso (Hospital de Órbigo ? León).

Nunha xornada maratoniana fíxose balance das actividades realizadas en 2016 e marcáronse os obxectivos para un futuro próximo. Apróbase que a próxima sede da asemblea para o ano 2018 sexa Ribadavía, coincidindo co 30 aniversario da Festa dá Istoria.

Ademais, presentouse un vídeo promocional e a nova publicación da revista da AEFRH.

Esta reunión congregou na vila Condal a preto de oitenta representantes polo que se preparou un amplo programa para dar a coñecer a localidade e os seus recursos turísticos. Tamén se programaron actividades teatralizadas para difundir e promocionar neste ámbito nacional a festa histórica O Cronicón de Oña, tema dunha exposición instalada na portería do Mosteiro de San Salvador ata o próximo día 1 de maio.

ASEMBLEA EN XINZO

Mañá as 20,30 celebrarase unha asamblea xeral de Civitas Limicorum debido a renuncia da directiva fai 15 dias.

Pódese dar a circunstancia que as recen elexidas representantes da Festa do Esquecemento na Asociación Nacional, non formen parte da nova directiva da festa Limiá