O río Salas nova vítima da vertedura incontrolada de xurros

cianobacterias salas
O río Salas nova vítima da vertedura incontrolada de xurros
A gravidade dos feitos pon de manifesto que tanto a Confederación Hidrográfica Miño Sil, como a Conselleria de Medio Ambiente e de Medio Rural, seguen mirando cara a outro lado neste grave problema que está a afectar á comarca da Baixa Limia.(Pablo Álvarez-Pte. asociación de veciños de As Conchas)

Desde a asociación de veciños das Conchas, denuncian que o rio Salas é a nova vítima das verteduras incontroladas de xurros da gandería. Proba diso é o pequeno BOOM de Cianobacterias rexistrado no rio Salas á altura da presa o dia 08 de Novembro deste ano.

A gravidade dos feitos pon de manifesto que tanto a Confederación Hidrográfica Miño Sil, como a Consellería de Medio Ambiente e de Medio Rural, seguen mirando cara a outro lado neste grave problema que está a afectar á comarca da Baixa Limia, e con isto xa son dúas dos principais ríos que están en perigo por verteduras de nitratos e fosfatos.

cianobacterias salas 1O portavoz da asociación de veciños explica que este BLOOM, iníciase no mes de novembro, é aínda mais grave debido ao frío destes días, e isto só pode indicar que o Rio Salas está a recibir unha gran cantidade de nitratos e fosfatos de forma indiscriminada.

NOVO XEITO DE OPERAR
O novo xeito de operar na vertedura de xurros consiste en baleirar o contido dos camións nun tractor cunha "macrobalsa" móbil da cal outro tractor cisterna extrae o xurro e o esparexe na leira, desta maneira os camións volven cargar e entre traxecto e traxecto baléirase dita balsa móbil e así é incontrolable a cantidade de xurros que verten nas distintas leiras, normalmente situadas á beira de leitos dos ríos.

Desde a Asociacion solicitan á Confederacion Miño Sil que amplíen os ríos afectados por nitratos e fosfatos a todos os da conca do rio, xa que o que van realizar é cambiar de rio sobre todo con este método de esparexer xurros