15 de abril de 2014, 0:13
A feira do 14 é sen dúbida un paseo interesante garantido
REDACCIÓN
Un día 14 máis, a feira tomou as rúas de Xinzo enchéndoas de cor e balbordo. Nesta cita, que coincidiu coas vacacións dalgúns afortunados, moitos turistas, a meirande parte deles da terra, non se resistiron a pasear entre os postos xa de maña.Na súa volta polo mercado, no que un pode atopar case que de todo, estes visitantes de seguro pararon a comprarlles unha camiseta ou se cadra unhas deliciosas rosquillas ás nenas e nenos de sexto de primaria do CEIP Carlos Casares. Os pequenos traballan moi duramente ca fin de recadar fondos para a excursión de fin de curso. Porén hoxe non as tiñan todas consigo, os carteis non lle quedaron como esperaban ...
E como non, todos aqueles que decidiron pasar un ratiño a ver que ganga pescaban, visitaron tamén un dos postos máis tradicionais da feira limiá onde a terceira xeración de feirantes, xa comeza a dar os primeiros pasos no negocio familiar, chupete incluído.