O Roteiro á Edreira con Camilo Dios das “Jornadas de Memória” muda de data

emigración aguilhoar
O Roteiro á Edreira con Camilo Dios das “Jornadas de Memória” muda de data
Finalmente celebrarase o sábado e a inscrición está aberta ata ao xoves, 8 de maio REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia O Roteiro á Edreira co...

Finalmente celebrarase o sábado e a inscrición está aberta ata ao xoves, 8 de maio

REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia

O Roteiro á Edreira co exguerrilleiro antifranquista Camilo Dios organizado co gallo das “Jornadas de Memória: Portugal-Galiza, emigrantes e perseguidos” estaba previsto para o pasado 25 de abril, pero as previsións de mal tempo obrigaron aos organizadores a cancelalo. A nova data será o vindeiro sábado 10 de maio e a inscrición permanecerá aberta ata o xoves.

A saída deste roteiro de dificultade baixa, está prevista para as dez da mañá na estación de autobuses de Xinzo. Desde onde a comitiva se ata a Ponte de Santa Cruz (Chandrexa) para iniciar a ruta a pé na que se percorrerán os once quilómetros que separan este punto ca Edreira. Haberá outros once quilómetros de volta e o prezo de inscrición é de 15 euros, nos que se inclúen a comida e o autobús. Os que desexen asistir deberán poñerse en contacto mediante unha mensaxe ao facebook das Jornadas, (preme aquí)   ou cun sms ao 677757983.