A Sala Clan está de “cumple”

Sala Clan
A Sala Clan está de “cumple”
A xerencia celebra o seu segundo aniversario cos concertos de Noite Fechada e PXT! REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia A Sala Clan de Xinzo está...

A xerencia celebra o seu segundo aniversario cos concertos de Noite Fechada e PXT!

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

A Sala Clan de Xinzo está de aniversario e quere celebralo por todo o alto este xoves día 17 de abril coas actuacións de Noite Fechadas e PXT! Patxaranga. A festa comezará a partir da media noite e a entrada será de tres euros.

Degustación de cervexas e karaoke

E para o venres, a Sala Clan propón unha degustación das cervexas Santo Cristo a partir das 22: 30 horas. Todo o que o desexe poderá achegarse para probar as creacións desta empresa ourensá que dedica á elaboración deste beberaxe de maneira artesanal, cuxa creación máis orixinal é sen dúbida, unha cervexa escura con castaña asada.

E despois de catar estas xoias, aí contra ás doce da noite, a Sala Clan prepara un gran karaoke para pechar con bo pé a velada.