8 de agosto de 2014, 21:20
Esteban Ariza natural de Zamora e Manuela Salgado de Rebordachá , dixeron o seu SI QUIERO, a unha hora case taurina no salón de plenos do concello de Xinzo.
Mais de 100 invitados, algún deles procedentes de Alemania, lugar onde se coñeceron precisamente nun centro Galego, Esteban e Manuela celebraron a súa unión civil, tendo como mestre da cerimonia o Tte. Alcalde de Xinzo, e veciño Sr. López Casas. Tamén acompañaron os contraentes e os acompañantes un grupo de gaiteiros, sorpresa para os noivos.