Sanidade anuncia que adiantará unha semana a vacinación das persoas maiores de 60 anos que recibiran a primeira dose de Astrazeneca

vacuna astraZeneca
Sanidade anuncia que adiantará unha semana a vacinación das persoas maiores de 60 anos que recibiran a primeira dose de Astrazeneca

García Comesaña convida á poboación a vacinarse, mentres avanza que a Xunta presentará a vindeira semana novos protocolos e medidas, para avanzar cara a nova normalidade

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou está mañá, en rolda de prensa, da decisión adoptada polo comité clínico de adiantar unha semana a vacinación das persoas maiores de 60 anos que recibiran a primeira dose da vacina de Astrazeneca.

O responsable de Sanidade convidou á poboación galega a acudir a súa cita de vacinación para continuar a mellorar os bos datos epidemiolóxicos que reflicte, arestora, a comunidade galega.

García Comesaña lanzou un chamamento á poboación que nestes intres está a ser citada para vacinarse, ao detectase un lixeiro descenso na adherencia á vacinación nos grupos de idade máis novos. Neste sentido, o conselleiro subliñou que “as persoas con menor idade non son alleos a esta enfermidade”, lembrando que “as unidades de coidados intensivos galegas, atenden nestes momentos a persoas de 38, 25 e 22 anos”.