Seguen a venda os bonos do comercio de ProLimia, na Casa de Papa Noel, na praza Maior

Caseta de venda dos vales para compras no comercio de Xinzo
Seguen a venda os bonos do comercio de ProLimia, na Casa de Papa Noel, na praza Maior

Esta mañá xa se levaban vendidos máis de 120 bonos de 50 €

Dende o pasado sábado está en marcha a campaña Nadal 21 do comercio de ProLimia. En todos os comercios e demais establecementos adheridos poderanse entregar os vales para facer as compras. Estes vales teñen un valor de 10 €, dos que no momento da compra solo aboamos a cantidade de 7 €, ou sexa, un 30% de desconto.

GARDAR OS TIKETS DE COMPRA PARA UN SORTEO FINAL

Dende a asociación ProLimia, recordan que hai que gardar os tíckets de compra que fixéramos cos vales desconto, posto que ao final da campaña sortearanse con eses tíckets de compra dous televisores de 43 polgadas.