miércoles. 06.07.2022

Os senderistas da Limia, chegaron a Santiago

Os camiñantes da Asociación de Sendeiristas da Limia chegaron a Santiago de Compostela despois de 8 etapas e acompañados da alcaldesa, Elvira Lama

sendeiristas
sendeiristas

Despois de oito etapas, os camiñantes da Asociación de Sendeiristas da Limia chegaron a Santiago de Compostela acompañados da alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama. É a segunda vez nunha semana que a rexedora realiza os últimos quilómetros do Camiño, xa que tamén participou na última etapa realizada polos pequenos peregrinos do CEIP Carlos Casares ata a capital de Galicia. Preto de medio cento de persoas participaron na andaina, que se realizou nas primeiras horas do día para evitar as altas temperaturas que se rexistran nestes días. Unha vez no Obradoiro, os participantes fixéronse a tradicional foto de grupo.

sendeiristas1
sendeiristas diante da catedral

Os senderistas da Limia, chegaron a Santiago