O Sergas abre o prazo de inscrición para optar a nomeamentos temporais como técnico de saúde nos centros de atención primaria

CENTRO DE SAUDE .
O Sergas abre o prazo de inscrición para optar a nomeamentos temporais como técnico de saúde nos centros de atención primaria

O prazo de inscrición será de dez días hábiles a partir de hoxe

O Diario Oficial de Galicia publIca, na súa edición de hoxe, unha Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de técnico de saúde, no ámbito das institucións sanitarias de atención primaria do Sistema público de saúde de Galicia. O prazo de inscrición será de dez días hábiles.

En atención ás circunstancias sanitarias actuais faise preciso reforzar o nivel de atención primaria coa designación de persoal técnico de saúde para o desenvolvemento de funcións de apoio sanitario nos ámbitos da xestión da incapacidade temporal, prevención da enfermidade e outros que demanden as necesidades da atención sanitaria e a protección da saúde.

As listas terán ámbito autonómico. Para a inscrición nestas listas será suficiente coa posesión do título de licenciado ou graduado en medicina e poderán optar a estes vínculos os nacionais de calquera Estado (Unión Europea e extracomunitarios). Non obstante o ámbito autonómico das listas, a persoa aspirante poderá elixir o distrito ou distritos preferentes para o desenvolvemento da súa prestación de servizos que comprenden as 14 áreas e distritos sanitarios de Galicia:

a) Área sanitaria da Coruña e Cee:
- Distrito sanitario da Coruña.
- Distrito sanitario de Cee.
b) Área sanitaria de Ferrol:
- Distrito sanitario de Ferrol.
c) Área sanitaria de Santiago de Compostela e A Barbanza:
- Distrito sanitario de Santiago de Compostela.
- Distrito sanitario da Barbanza.
d) Área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte:
- Distrito sanitario de Lugo.
- Distrito sanitario da Mariña.
- Distrito sanitario de Monforte de Lemos.
e) Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco:
- Distrito sanitario de Ourense.
- Distrito sanitario de Verín.
- Distrito sanitario do Barco de Valdeorras.
f) Área sanitaria de Pontevedra e O Salnés:
- Distrito sanitario de Pontevedra.
- Distrito sanitario do Salnés.
g) Área sanitaria de Vigo:
- Distrito sanitario de Vigo.

A ordenación das persoas aspirantes aos efectos de chamamentos para contratar efectuarase consonte a un baremo que valorará o expediente académico para a obtención do titulo de medicina, a formación continuada adquirida así como a experiencia profesional previa en institucións sanitarias públicas ou privadas concertadas.

Os contratos serán temporais de dous e tres meses de duración, con previsión de iniciarse no mes de febreiro. Están especialmente indicados e dirixidos ao persoal graduado en medicina que tras presentarse ao exame MIR queira prestar servizos na atención primaria de Galicia, así como tamén para todas as persoas interesadas que conten coa titulación universitaria de medicina.

A vinculación das persoas interesadas efectuarase de forma inmediata.

A retribución bruta anual asignada a este posto é de 42.393,26 euros.

Procedemento de inscrición

As persoas interesadas en acceder a estes nomeamentos deberán darse de alta na oficina virtual do profesional, de non telo feito, e cubrir unha solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e).