O servizo de emprego de COGAMI desprázase ata o rural da comarca da Limia entre outras

Orientador laboral COGAMI, Carlos Montero
O servizo de emprego de COGAMI desprázase ata o rural da comarca da Limia entre outras

O orientador laboral que atende estes concellos, Carlos Montero, realiza preto de 4.200 quilómetros ao ano nos desprazamentos que realiza para atender as zonas rurais.

O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral (SIL) que ten COGAMI habilitado para atender ás persoas con discapacidade que buscan emprego está situado nas Orientador laboral COGAMI, Carlos Monteroinstalacións que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade ten nas sete cidades galegas. Sen embargo, moitas das persoas que demandan este servizo viven en zonas rurais por iso, co fin de facerlles unha atención máis doada, durante dous días á semana un profesional desprázase ata estas zonas.

Carlos Montero é un do orientadores laborais que ten COGAMI nas instalacións de Ourense e que se despraza ata concellos que forman parte das comarcas de Viana, Verín, A Limia e Terra de Celanova. Son 4.200 quilómetros anuais os que percorre Carlos Montero para coñecer as necesidades das persoas usuarias dos concellos que atende. Estes desprazamentos que realiza o servizo de orientación laboral pretenden achegar o servizo ao entorno rural e evitar que sexan as persoas usuarias as que se teñan que desprazar ata as cidades, dadas as dificultades de desprazamento que existen nas zonas rurais, con núcleos de poboación dispersa, falta de transporte público e, no caso de habelo, non é adaptado.

É dende o ano 2000 que o SIL ten operativo este servizo de atención no medio rural. Mediante contacto telefónico ou vía correo electrónico, o orientador concreta unha cita presencial coa persoa usuaria do servizo de emprego e formación, onde actualizará o seu curriculum, os datos persoais e tamén lle preguntará polas inquedanzas e preferencias para desenvolver un posto de traballo.

As persoas que contactan por primeira vez co servizo fano tras ser informadas por persoas coñecidas que xa están inscritas na bolsa de emprego de COGAMI ou tamén porque son informadas da súa existencia a través dos servizos municipais de Orientación Laboral ou de Traballo Social. Existe un contacto fluído con estes servizos da administración local e COGAMI, polo que cada vez que lles pide atención unha persoa con discapacidade, os profesionais destes servizos encárganse de derivalas a COGAMI. Precisamente, moitos dos puntos de atención son nas instalacións municipais que ceden os concellos.

A bolsa de emprego que manexa COGAMI conta cun total de 608 persoas inscritas.

666666666666666Destas persoas integrantes na base de datos, durante o ano 2019, o orientador laboral Carlos Montero realizou un total de 122 orientacións.
En canto aos perfís predominantes, resalta Carlos Montero que son persoas con baixa cualificación e experiencia profesional en sectores como a construción, servizos sanitarios, hostalería ou transporte de mercadorías. Moitas destas persoas teñen unha incapacidade laboral para profesión habitual, co que teñen que reciclarse para volver inserirse no mercado laboral. Para esta reciclaxe, COGAMI imparte cursos como o de caixeiro de comercio no que se están a formar 10 persoas en Verín.
Unha das funcións que ten o servizo de orientación laboral é manter o contacto fluído coas empresas da zona para sensibilizar e informar sobre os perfís de persoas que contén a base de datos. No que vai de ano, foron 18 as empresas visitadas por primeira vez e contactouse con outras 88 empresas que xa colaboran con COGAMI dende hai tempo.Segundo datos que manexa esta área, durante este ano foron 39 as persoas inseridas laboralmente durante este primeiro semestre do ano 2019.