domingo. 02.04.2023

Os responsables de levar a cabo estas xornadas  que os propios poñentes cualifican como de pioneiras en Galicia son o Dtor.. Luís Prieto Robisco, Sexólogo e médico familiar e xeriatría e a DUE  Silvia García Ríos Sexóloga e Terapeuta de parellas.

Este curso é pioneiro en Galicia,comenta Luís Prieto posto que estes  sóense impartir  para os  sanitarios en xeral, para adolescentes, pero un curso amplo de seis xornadas é  pioneiro na nosa  terra, cando aquí  encontramos persoas de distinta idades, homes e mulleres , incluíndo algún e algunha que xa pasaron os oitenta e como é lóxico queren aínda saber mais sobre os temas da sexualidade e como non do sexo.

IMG_4390Para Luís   a sexualidade e fundamental no desenrolo das persoas e do seu equilibrio. Explicar  conceptos de sexoloxía son fundamentais para  aprender como é o noso   comportamento, aprendemos como funciona o noso cerebro  o noso sistema hormonal , cales son as nosas actitudes e sobre todo inflúe na nosa autoestima. E un campo extraordinario educacional en todas as idades. A sexualidade segundo as idades mantense, aínda que teña cambios.

 Silvia comenta que estas xornadas  están orientadas a un publico de todas as idades, pero dado o entorno e a asociación que as fai posibles  A escola Rural de Saúde da Limia , asisten xente mais adulta e sobre todo está dirixida a sexualidade de parella.

AUMENTO DE CONSULTAS SEXOLÓXICASIMG_4392

O que busca a xente nas consultas sexolóxicas por parellas case sempre é a confidencialidade e a intimidade. Os temas sexuais son moi íntimos. Coidamos moito a intimidade e a confidencialidade.

Hoxe hai novas formas de sexualidade. Sempre houbo moito sexo, dende a antiga Roma, pero hoxe os roles están cambiando influenciado por todo. A precocidade sexual en España está na media europea aos 13/14 anos.

A sexualidade dende a perspectiva BIO-PSICOSOCIAL

Dentro das diferentes charlas iremos tratando a sexualidade dende tres aspectos que nós entendemos como fundamentais, Bio-Psico social.

Bio, referente aos aspectos médicos, disfuncións,  enfermidades de transmisión sexual, que hoxe, por certo, están aumentando.

Psico, aspectos psicolóxicos e as súas influencias nas relación sexuais, mitos e tabús  e os aspectos sociais, novas formas de realización de relación sexuais.

PÍLDORA POSCOITAL, 8 VECES AO ANO

Unha das cuestións que se tratarán serán as relación entre os xoves. Non é normal que unha chica de 13, 14 anos teña que tomar a píldora poscoital 8 veces ao ano. Isto supón que algo non funciona. Os problemas que traerán a longo prazo serán moitos.

Para Silvia o problema de falar cos  xoves ten que ser dunha maneira moi particular, non se pode falar cos mozos e mozas en grupo, pois cada individuo ten as súas condicións particulares, hai rapaces, tímidos, lideres, etc, e para cada un haberá que falar case individualmente, con perfiles de personalidade. O problema é de tempo e de saber tocar a fibra sensible.

No día de hoxe fíxose unha presentación  moi  xeral de todos os temas que día tras día serán estudados e matizados segundo os intereses dos participantes nas xornadas, que hoxe xa fixeron unha enquisa cega dos temas que mais lles interesan a cada un e que serán tratados nos seguintes días.

Comentarios