A SGHN limpiou a Veiga de Gomareite

011_pechando_os_restos
A SGHN limpiou a Veiga de Gomareite

“A mán e a máquina”: limpando a Veiga de Gomareite

No cadro do proxecto Libera Natureza sen residuos de SEO/ Ecoembes

A piques de rematar este singular 2020, aínda quedaban accións por desenvolver dentro da campaña deste ano pero, por fin, puidemos cumprir có planificado grazas á comprensión do equipo de SEO/Ecoembes que autorizou unha prolongación excepcional do prazo e a modificación do proxecto: sen convocatoria pública nos medios, con menos voluntarios e co apoio de maquinaria pesada.

021_detalle_residuos_bordes_charcaO día dos humidais púxose de manifesto o enorme problema que existe na bisbarra da Limia en canto á inaxeitada xestión de residuos. Tamén quedou patente que a súa vertedura incontrolada é un problema actual pero tamén herdado.
As dificultades para retirar os residuos increméntanse a medida que aumenta a súa “idade” e a súa localización. Na Veiga de Gomareite algunhas das verteduras enchen, literalmente, charcas ás cales só se pode acceder cando baixa o nivel da auga. Para maior dificultade, nas beiras das charcas medra rapidamente a vexetación sobre as moreas de residuos facendo moi complicadas as actuacións para a súa retirada. Como mostra, velaquí algunhas imaxes que resumen a limpeza da veiga a “mán e a máquina”.

  • Recollida puntual de restos fragmentados e dispersos previa entrada de maquinaria pesada.
  • Agrupación de residuos para facilitar a carga no camión.
  • Retirada de vexetación sobre montón de residuos realizada por máquina. Destacamos a dificultade de retirar grandes volumes de cordel de alpaca enmarañados nos troncos e raíces dos salgueiros.
  • Carga en camión para traslado a entulleira.