Solicitaranse máis ciclos formativos para Xinzo

IMG_20181018_124518
Solicitaranse máis ciclos formativos para Xinzo

As responsables das ANPAS dos centros educativos xunto coas direccións dos mesmos e o concello solicitaranllos a Xefatura Territorial de Educación

O concelleiro Luís M. Gil, responsable de Educación reuniuse onte a mañá na sala de Xuntas do Concello coas representantes das ANPAS dos catro centros educativos da vila, o Rosalía de Castro e Carlos Casares, así como dos IES Lagoa de Antela e Cidade de Antioquía. Tamén acudiron o director e directora respectivos dos dous últimos.

Esta reunión era para unha posta en común das preocupacións de pais, nais e profesorado polo elevado número de alumnos e alumnas que abandonan a secundaria chegados os 16 anos sen titular, e sobre todo para analizar o futuro en canto as posibilidades de implantación de máis ciclos formativos nos I.E.S. da vila.

SOLICITUDE DE HABILITACIÓNS DE FP BÁSICA

Esta era a continuación da reunión mantida fai uns días coas representantes do alumnado dos dous I.E.S., para poñer en común as necesidades e as peticións a facer a administración educativa. Despois das intervencións de todos os presentes houbo un consenso xeral para solicitar, con urxencia, a posta en marcha para o curso que ven de aulas de F.P. básica con varias especialidades, valorando que serían imprescindibles unha de servizos comercias e outra de actividades agropecuarias, para que logo este alumnado poida seguir nos ciclos medio e superior, que xa se imparten na vila.

Tamén valoraron a petición de outra de agroxardinería e composicións florais. Todos estes graos terían continuación nos que xa se están a impartir actualmente.

O Concelleiro recolleu estas peticións que encontra imprescindibles e que fará chegar en nome do Concello as autoridades provinciais de Educación.

Tamén se falou na reunión que si fose necesario se pediría a axuda dos concellos que envían aos seus alumnos e alumnas unha vez rematada a ensinanza primaria a estes centros da vila, que serían a totalidade dos concellos que formaban a extinta mancomunidade.